sábado, 7 de abril de 2012
A seca en Galicia
Desde a primaveira de 2011 apenas choveu en Galicia e a prevalencia do Nordés fixo que o grao de humidade fora inferior á media do mes de agosto e que nalgunhas localidades, coma Ourense, por exemplo, se acadaran as temperaturas máis elevadas de Europa nos meses de febreiro e marzo.
A ruda, ó igual que as roseiras resiste moi ben a seca e as prantas adaptadas, aquelas que naceron no propio terreo, resisten millor que as das sementes ou prantas mercadas.A seca en Galicia
A seca afecta dun xeito preocupante ós labregos e ós gandeiros, pero tamén a outros aspectos da vida galega; ás terra xa abandoadas por mor do envellecemento da poboación e pola falta de rentabilidade da producción agrícola, temos que engadir agora unha reducción de cultivos polas dificultades para a rega.
A producción por unidade de superficie redúcese segundo os casos nun 25 e un 50% como xa poidemos observar no verán de 2011 e isto afecta e incide tamén sobre productos destiñados ó autoconsumo e á solidariedade familiar e veciñal, de vital importancia para paliar os efectos da prolongada crise económica que estamos padecendo.
Os rosais son unhas das prantas máis resistentes, tanto á xiada coma a seca. O costume galego de pranta-las roseiras ó carón dos roleiros, muros ou balados orientados cara o Sur ou o Sudoeste, para aproveitar ó máximo o terreo para outras prantas, ó mesmo tempo que as protexe do Norte ou do Nordés, fai que a evaporación sexa menor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)