sábado, 29 de enero de 2011

Natureza

Parella de gatos copulando nunha rúa compostelana. As fotografías foron tomadas o 23 de xaneiro de 2011 cun teléfono móbel.




Son gatos que se atopan nas hortas e xardíns, que se alimentan de paxaros, ratos, lagartixas, pequenas serpes, escarabellos e outros bechos, de xeito que axudan a manter "limpos" estes espazos.
A súa poboación mantense estable ó longo do tempo en función das posibilidades de obter alimento e só se ve alterada cando algún viciño lles proporciona alimento adicional.
Fuxen da presencia das persoas, non se deixan aloumiñar e agochan as súas crías entre prantas ou arbustos, mudándoas de sitio se "sospeitan" que alguén se achegou a elas, por iso a rareza das fotografías.



En Galicia dicimos "andar á xaneira" para indicar que os gatos están en celo, porque a súa época de aparearse vai desde mediados de xaneiro ata mediados de febreiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario