jueves, 31 de diciembre de 2009

miércoles, 30 de diciembre de 2009

miércoles, 28 de octubre de 2009

Origami: o barquiño

Proporcións do papel empregado para face-lo barquiño:Diagrama:


miércoles, 30 de septiembre de 2009

Origami: pajarita



Figura tradicional española.




viernes, 18 de septiembre de 2009

Fotos natureza

Limoeiro

Origami: paxaros




Origami: caracolas


Segundo a persoa que as fai sexa diestro ou manecho (zurdo), as caracolas van xirar no sentido das agullas do reloxo ou no sentido contrario.









sábado, 12 de septiembre de 2009

Os cabazos: usos


Cando se empregaban para levar o viño practicábaselle un buratiño na parte superior.

Os cabazos (12)



Algunhas variedades teñen formas similares ás das peras, pero, ó contrario que estas, presentan unha forte tendencia á simetría.


martes, 8 de septiembre de 2009

As fabas



Sementábanse entre o millo; era un traballo propio das mulleres, case sempre das máis vellas da casa, mentres poideran.
Habíaas brancas e pintas; as brancas empregábanse tanto para o caldo coma para guisos; as pintas só para os guisos. Para o caldo sempre se usaban fabas curadas (secas) e para os guisos tanto podías ser verdes (antes de secarse a cornella) coma curadas.
As fabas grandes, similares ás que se utilizan para face-la fabada asturiana, chamábaselles fabocos e, case sempre se consumían verdes.
Ó labor de separa-las fabas das cornellas chamábaselle debullar, o mesmo que no caso do millo e tamén o realizaban as mulleres máis vellas da casa.

As fabas tamén se empregaban, o mesmo que os graos de millo, tamén se empregaban en vez de moedas en determiñados xogos tanto dos nenos coma dos adultos.

A faba foi a precursora das actuais sorpresas que hoxe se introducen nos roscóns de Pascoa. Poñíanse no interior dos bolos que os padriños lle regalaban ós afillados nesta época do ano e tamén nas regueifas que se repartían con ocasión dos casamentos.
(Para máis información sobre esta cuestión: http://www.xogostradicionais.blogspot.com/)
Xa o di a copla:
A regueifa está na mesa,
no medio ten unha faba,
co permiso dos señores,
boulle espeta-la navalla.

As patacas


Poñíanse tanto ó arado coma ó legón, dependendo da extensión que se ía plantar ou das condicións do terreo.
Se se trataba dunha veiga, empregábase o arado, pero se era na horta ou debaixo dunha viña, había que facelo co legón.
Era un traballo no que participaba toda a familia, homes, mulleres e mesmo os nenos.
Había quen precisaba da axuda de xornaleiros porque poñía moitas, tanto para o autoconsumo como para vendelas e abastecer con elas os mercados das vilas, pois eran un producto básico da alimentación traticional galega.
Calquera que tivera un anaquiño de terreo, poñía patacas.
A semente obtíñase da colleita do ano anterior, da que se procuraba deixar algunhas das millores para esta función, aplicando sen ser conscientes dilo o concepto darwiniano da supervivencia dos individuos millor adaptados.
A víspera do día previsto para poñelas, cortábanse as partes que tiñan "grelo" (gurumelo, xurumelo, xérmolo, segundo as zoas) e o resto aproveitábase para alimento das persoas ou dos animais.
Á semente conseguida por este sistema engadíase semente mercada para renova-las plantas e conseguir millores colleitas (outra vez Darwin).

A plantación:
Unha vez aberto o rego, labor realizado case sempre polos homes, estercábase con estrume das cortes; os máis acomodados empregaban tamén Nitrato de Chile, tarefa que alternaban homes e mulleres; logo colocábase manualmente no rego unha semente cada 40 ou 50 cm aproximadamente. Este último labor soían facelo as mulleres; os nenos eran os encargados de carrexar os cestos coa semente.

A sacha:
Consistía en cavar ó redor da plantas para quitar as herbas malas, osixenar a terra e achegarllela.

A recollida:
Facíase ó legón e nela participaba igualmente toda a familia.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Fotos natureza

Autor: S.P.F.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
"A finais de decembro podamo-los rosais e as rosiras, que en Galicia diferénciase entre uns e outras; aproveitamo-los restos da poda para prantar algúns máis e, sobre todo, para cumprir con todas aquelas peroas que nos pediran esqueixes, pois os rosais prenden de póla, tendo moito coidado de non misturar as distintas cores para conservalas.
"Prepárase a terra planando, é dicir, cavando superficialmente para deixala limpa de toda clase de herbas; se está dura convén minar e logo cavar para ventilar a terra; este labor aprovéitase para abonar; nós só empregamos abono orgánico procedente dos resíduos que se xeneran no propio xardín.
"Unha vez preparado o terreo, abonda con espetar as póliñas, procurando que queden enprofundas e logo prensa-la terra ó redor algo que se pode facer mesmo cos pés. Os rosais e as roseiras deben prantarse á beira dos muros e balados, procurando que queden protexidos do Norte; se non chove de xeito é preciso regalos en abondancia. As roseiras vanse atando para guialas, xa que o seu crecemento é moi rápido e os talos non acadan a rixidez propia dos rosais...
Rosas

Autora: M.M.

Allos, allas e cebolas (4)






A flor das allas




viernes, 4 de septiembre de 2009

Allos, allas e cebolas (3)


A plantación do cebolo.

Os cabazos (11): usos

Para protexer unha vela prendida. Logo a artesanía popular reproduceu estas formas estilizándoas e trasformándoas en pequenas obras de arte.

Tamén servían para gastar pequenas bromas ós que transitaban de noite.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Fotos natureza

Malva rosa

Os cabazos (10): outros usos





Belén feito nun cabazo

Os cabazos (9)

Os cabazos e melóns poden acadar grandes dimensións

O millo


A espiga do millo

lunes, 31 de agosto de 2009

O millo

Do millo aproveitábase todo:


  • O grao para o consumo tanto animal coma humano;

  • os carozos para queimar, de aí o dito "a lume de carozo"; tamén para tapar buratos, como sustitutivos dos corchos;

  • a crocha para facer colchóns e almofadas;

  • a planta como forraxe e para estra-las cortes;

  • a barba para infusións diuréticas;

Os labores do millo:

As esfolladas: consistían en separa-las follas das espigas. Era un traballo propio das mulleres, que se facía á tardiña ou á noite nos pallotes. As follas conservábanse nun sitio seco para que non colleran o caruncho, porque despois cortábanse para face-la crocha.

O debullado: consistía en separar os graos de millo do carozo. Tamén era un traballo das mulleres e facíase nos pallotes ou na cociña, ó pé da lereira.



domingo, 30 de agosto de 2009

Fotos natureza

Loureiro

Fotos natureza






Dalias

allas, allos e cebolas (2)


Allos, allas e cebolas

Allos: empregados como condimento e tamén como antisépticos naturais pola mediciña popular. O refraneiro galego indícanos o momento axeitado para plantalos:
- En xaneiro pon o teu alleiro;
-Polo San Amaro, os allos nen nados nen no saco;








Allas: das que se valora a flor pola súa curiosidade e a súa duración, pois, como flor seca, pode manterse máis dun ano.



A pesares da súa similitude coa flor da cebola, é moi diferente dela.






















Cebolas: Plántanse ó comezo da primavera (entre o 15 de marzo e o 15 de abril aproximadamente), guiándose polas lúas como é habitual no agro galego, nun terreo ben abonado, de aí o dito "dá o cebolo". Ponse un pé cada 25 cm máis ou menos.

Precisan auga para medrar e sol para "madurar". Recóllense no mes do Apóstolo en tempo seco e déixanse extendidas por riba da terra polo menos un dia para que se lles seque a pel; parte dela desprenderase soia e a que quede servirá para que a cebola se conserve moito tempo. Recortánselle as barbas (raíces) e enrístranse; despois cólganse nun sitio seco e ventilado.

Os paisanos galegos tentaban coller cebolas para todo o ano, pero ás veces a colleita era escasa por mor do tempo húmido e chuvioso, entón recurrían ás porretas que cortaban en anacos pequenos para condimentar algúns pratos, principalmente se eran cocidos.

Algúns labregos, millor dito, labregas, porque os productos da horta estaban principalmente ó coidado das mulleres, poñían semilleiros para obter o cebolo; outros compraban o cebolo a feira, por centos, e plantábano case sempre no mesmo terreo, recortándolle ou dobrándolle as porretas para que medrara máis o bulbo.