lunes, 31 de agosto de 2009

O millo

Do millo aproveitábase todo:


  • O grao para o consumo tanto animal coma humano;

  • os carozos para queimar, de aí o dito "a lume de carozo"; tamén para tapar buratos, como sustitutivos dos corchos;

  • a crocha para facer colchóns e almofadas;

  • a planta como forraxe e para estra-las cortes;

  • a barba para infusións diuréticas;

Os labores do millo:

As esfolladas: consistían en separa-las follas das espigas. Era un traballo propio das mulleres, que se facía á tardiña ou á noite nos pallotes. As follas conservábanse nun sitio seco para que non colleran o caruncho, porque despois cortábanse para face-la crocha.

O debullado: consistía en separar os graos de millo do carozo. Tamén era un traballo das mulleres e facíase nos pallotes ou na cociña, ó pé da lereira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario