lunes, 31 de agosto de 2009

O millo

Do millo aproveitábase todo:


  • O grao para o consumo tanto animal coma humano;

  • os carozos para queimar, de aí o dito "a lume de carozo"; tamén para tapar buratos, como sustitutivos dos corchos;

  • a crocha para facer colchóns e almofadas;

  • a planta como forraxe e para estra-las cortes;

  • a barba para infusións diuréticas;

Os labores do millo:

As esfolladas: consistían en separa-las follas das espigas. Era un traballo propio das mulleres, que se facía á tardiña ou á noite nos pallotes. As follas conservábanse nun sitio seco para que non colleran o caruncho, porque despois cortábanse para face-la crocha.

O debullado: consistía en separar os graos de millo do carozo. Tamén era un traballo das mulleres e facíase nos pallotes ou na cociña, ó pé da lereira.



domingo, 30 de agosto de 2009

Fotos natureza

Loureiro

Fotos natureza






Dalias

allas, allos e cebolas (2)


Allos, allas e cebolas

Allos: empregados como condimento e tamén como antisépticos naturais pola mediciña popular. O refraneiro galego indícanos o momento axeitado para plantalos:
- En xaneiro pon o teu alleiro;
-Polo San Amaro, os allos nen nados nen no saco;








Allas: das que se valora a flor pola súa curiosidade e a súa duración, pois, como flor seca, pode manterse máis dun ano.



A pesares da súa similitude coa flor da cebola, é moi diferente dela.






















Cebolas: Plántanse ó comezo da primavera (entre o 15 de marzo e o 15 de abril aproximadamente), guiándose polas lúas como é habitual no agro galego, nun terreo ben abonado, de aí o dito "dá o cebolo". Ponse un pé cada 25 cm máis ou menos.

Precisan auga para medrar e sol para "madurar". Recóllense no mes do Apóstolo en tempo seco e déixanse extendidas por riba da terra polo menos un dia para que se lles seque a pel; parte dela desprenderase soia e a que quede servirá para que a cebola se conserve moito tempo. Recortánselle as barbas (raíces) e enrístranse; despois cólganse nun sitio seco e ventilado.

Os paisanos galegos tentaban coller cebolas para todo o ano, pero ás veces a colleita era escasa por mor do tempo húmido e chuvioso, entón recurrían ás porretas que cortaban en anacos pequenos para condimentar algúns pratos, principalmente se eran cocidos.

Algúns labregos, millor dito, labregas, porque os productos da horta estaban principalmente ó coidado das mulleres, poñían semilleiros para obter o cebolo; outros compraban o cebolo a feira, por centos, e plantábano case sempre no mesmo terreo, recortándolle ou dobrándolle as porretas para que medrara máis o bulbo.

jueves, 27 de agosto de 2009

Fotos natureza

Ourego
(a mediados do mes de agosto)
Cando se recolle o ourego, a mediados de setembro, a planta, normalmente, xa comeza a retoñar; debemos corta-las partes leñosas a carón do chan, cavar superficialmente a terra que está ó redor e arrincar as malas herbas se as houbera, algo que non é frecuente porque onde medra o ourego a terra mantense "limpa".
acada uns 50 ou 60 cm de altura e florece a comezos do verán.

Origami: caracolas



Outra das actividades realizadas con motivo do bicentenario do nacemento de Charles Darwin foi un Obradoiro de Origami, Papiroflexia ou Cocotoloxía como lle gostaba a Miguel de Unamuno chamarle a esta actividade tan beneficiosa para a sicomotricidade.





Comezamos polas caracolas pola súa simplicidade e o seu simbolismo na biografía de Darwin.




Diagrama







Resultado



Valores pedagóxicos da actividade:

  • Aproveitamento de materiais de desfeita;
  • Comprensión de instruccións precisas e léxico propio da actividade: doblez, metade, diagonal...;
  • Memorización dun proceso ata acadar unha finalidade;
  • Mobilidade das articulacións das mans, movemento sen esforzo;
  • Non presenta problemas para persoas con alerxias ou dificultades resoiratotias;
  • Pode compartirse con outros membros da familia ou desenvolverse nun ámbito interxeracional:

Os cabazos ornamentais



Son plantas trepadoras que medran preferentemente cerca dos muros ou dos arbustos ós que se agarran cos seus zarzos.


miércoles, 26 de agosto de 2009

Valor nutritivo dos cabazos

Hoxe os cabazos teñen posto importante na alimentación humana en forma de cremas, sopas, purés, pisto, recheos e productos de repostería; feito ó que non son alleos os emigrantes retornados ou inmigrantes latinoamericanos, xa que en moitos países constitúe a base da alimentación en vez das patacas ou o arroz polo seu aporte en vitaminas e sales minerais e o seu sabor soave que permite multitude combinacións con outros productos.
O seu consumo está especialmente indicado para persoas con problemas dixestivos ou convalecentes.



Os mariñeiros levábanos nos barcos como sustituto das verduras frescas porque, ó contrario destas, consérvase moito tempo.




Tamén hai que destaca-la súa demanda como elemento ornamental, sen chegaren a acada-la popularidade da que gozan en moitos países centroeuropeos, nos que se comercializan en grandes cantidades nos meses de setembro e outubro, principalmente con motivo da celebración da festa de Halloween, da que son o símbolo por excelencia.




Os cabazos (8)


Sección dun cabazo.
Cada froito contén abondantes semillas, por iso lles permitían ós nenos empregalas para xogar, sustituíndo ás fabas ou ós graos de millo; tamén se comían tostadas antes de que se popularizaran as pipas de xirasol.
A medida que o froito vai secando a semente medra ata facer desaparecer a pulpa case por completo.
A cor da pulpa depende das variedades e do grao de maduración do froito e non da cor da corteza. Pode ser blanquecina ou alaranzada.

Os cabazos (7): usos

Cabazos empregados como flotadores.

Os cabazos (6): usos

Cabazo con sulfato de cobre para aplicarlle ás vides.
Para poder darlle uso á corteza dos cabazos é preciso seguir unha serie de pautas para a súa correcta conservación. O máis importante é mantelos nun ambiente seco. Os paisanos colocábanos nos alpendres sobre pala sen tcarse uns ós outros, ou pendurados das vigas dos faiados ou cubertos.

Os cabazos (5): usos




Un dos primeiros usos que se lles dá ós cabazos é o de recipiente para líquidos, ben partido pola metade, do que se usa a parte inferior que recibe o nome de garabana; ou enteiro. Neste caso practícaselle un buratiño na parte superior (onde estivera o pedúnculo) e serve para transportar case sempre viño (para ir traballar ás leiras ou ás obras de construcción) ou auga. Con esta función pasou a formar parte da indumentaria dos peregrinos a Compostela.

Os cabazos (4)


As denominacións dependen das zoas e das variedades coñecidas polos paisanos:

  • cabazo: denominación xeral;


  • cabaza: de maior tamaño, máis achatada e de cor alaranzada;


  • melón: redondeado ou alongado, de cor verde ou amarelo;


  • melona: máis grande que o melón e achatada;


  • zapallo: denominación que reciben en todo Latinoamérica que introducen recentemente os imigrantes; eles son tamén en parte os responsables na súa reintroducción na alimentación humana;

Os cabazos (3)


Os paisanos sementábanos entre o millo, planta coa que conviven á perfección.

lunes, 24 de agosto de 2009

Os cabazos (2)



Os froitos: Cabazos comestibles e ornamentais.

Parte dos cabazos comestibles eran empregados polos paisanos, na súa parte interior, para a alimentación animal, mentres que a exterior tiña outros moitos usos como veremos.



Poden acadar un tamaño e un peso considerable.

Os cabazos (1)

A semente, moi similar para tódalas variedades.
Se gardamo-la semente de maís dunha planta para a tempada seguinte, convén tomar nota das características do froito: cor (lisa o veteada, blanquecina, verde ou alaranxada), tamaño, forma e textura da corteza (lisa ou con berrugas); e se queremos ser máis metódicos, características do terreo no que medrou: seco ou humido, sombrizo ou soleado...

Crecemento:


Cando empezan a medrar caracterízanse polas súas dúas folliñas dispostas en forma de 8.


Se nacen varias xuntas hai que esperar a ver cales collen máis forza e logo rarealas.As máis pequenas son as que se soen arrincar e pódense trasplantar a outro sitio. Requiren auga e sol.

A planta: as follas

A paixón pola natureza


A conmemoración do bicentenario do nacemento de Charles Darwin serveu de pretexto para a realización doutras actividades no seo da Asociación, como soemos facer, dun xeito trasversal e, polo tanto, heterodoxo.
Invitamos ós alumnos a prestar unha meirande atención á natureza, á diversidade e á evolución das especies e ó proceso de crecemento dalgunhas delas.

domingo, 23 de agosto de 2009

Viaxe a bordo do Beagle


Recreamos virtualmente a viaxe realizada polo Beagle entre 1831 e 1836 na que Darwin participou como xeólogo, poñendo particular interés nos instrumentos dos que dispoñía para as súas investigacións, no carácter multidisciplinario da expedición, así como nas observacións que lle permitirían elaborar a súa teoría sobre "A orixe das especies".

Un pequeno percorrido pola súa biografía (formación, vida familiar...) serviron para aproximarnos sen prexuízos ó pensamento dun home que aínda hoxe suscita apaixoantes polémicas.